jueves, 29 de junio de 2017

O SABOR DA AVENTURA ESTA NO MAR

O alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu aos obradoiros coordinados pola Consellería do Mar: "O sabor da aventura está no mar" e "ponlle as pilas ao teu bocata". Os alumnos descubriron peixes e produtos do mar e puideron elaborar os seus "bocadillos saudables". Todo un éxito

miércoles, 28 de junio de 2017

A HORTA DE MARGA

Despois de analizar, co proxecto Xermolón, os produtos que adoitamos consumir na cafetería do IES, sabiamos que non todo o que comemos é moi saudable. Fomos conscientes de que precisariamos consumir máis froitas e verduras e menos alimentos procesados.
Marga, nin curta nin preguizosa, puxo mans á obra e co alumnado da ESO e a dirección do IES comezou o seu proxecto saudable:
A Horta de Marga.






Despois de desbrozar, remover a terra e abonala, comezou a semente. Non pasaron moitos meses ata que puidemos degustar a colleita: a festa da Leituga organizada para o alumnado que máis colaborou no proxecto. Os improvisados agricultores puideron degustar os produtos que cultiraran durante o terceiro trimestre...e como non so de leituga vive o home...tamén lle engadiron algún outro saboroso alimento!





DE QUE ESTAMOS FEITOS?

Algunhas alumnas de 1º de ESO investigaron sobre os elementos químicos que compoñen o noso organismo e atoparon a resposta de por que é importante que teñamos diariamente as nosas doses dalgúns minerais como o Ferro, o Magnesio, o Potasio, o Sodio,etc. Inda que son unha parte moi pequena, pero imprescindible do corpo. O 75% é auga (65% de Osíxeno e 10 % de Hidróxeno) xunto con case un 20% de Carbono, un 3% de Nitróxeno e un 1,6% de Calcio... Para todos os demais elementos xuntos queda apenas un 0,4%. Diminutos pero necesarios para a saúde!






CONSTRUINDO O CORPO

Nesta ocasión, o alumnado de 1 ESO analizou o corpo humano, en colaboración co proxecto da biblioteca, para descubrir cada un dos ósos que o compoñen, a súa situación, tamaño e forma e tamén como se articulan para permitirnos movernos. Asi, a partir dun orixinal en 3D, reconstruimos a Fermin e Felisa.
Cada grupo de alumnos investigou un membro, achou os nomes dos ósos e articulacións nas tres linguas máis faladas no IES (galego, castelán e inglés) e logo deseñou o membro reproducindo cada óso e articulándoo co seguinte mediante un sistema de buracos e cordeliños, de xeito que os esqueletes podían moverse polas articulacións.
A verdade é que os esqueletes quedaron moi aparentes!
Fermin e Felisa foron expostos na biblioteca para que o alumnado de 4º de ESO puidera participar nun concurso no que trataban de colocar axeitadamente as tarxetas cos nomes en dúas linguas. Os expertos de 1º de ESO actuaron como inflexible tribunal para avalialos.

AFROITATE NO FLORIANI

Durante este curso continuamos co proxecto Afroitate no Floriani. Subvencionados pola Consellería do Medio Rural desenvolvemos este proxecto que nos permitíu repartir froita ao noso alumnado durante todo o curso en cinco períodos de cinco días.
Tratouse de escoller froita de tempada para que o proxecto fora máis económico e sustentable: no inverno, peros de inverno, laranxas, piña e mandarinas, kakis ou kiwis; na primavera engadimos os amorodos e os nísperos; no verán comezamos coa froita de pedra, albaricoques, pexegos, nectarinas, melón e tamén as sabedoras cereixas.





miércoles, 21 de junio de 2017

AULAS SEN FUME



O alumnado de 1º e 2º de ESO desenvolveu, durante o curso 2016-2017 o proxecto Aulas sen Fume.
Ao comezo, cubriron a enquisa de hábito tabáquieco e, posteriormente, asinaron o compromiso de manterse alonxados do tabaco e de non consumir siquera un cigarro ao longo de todo o curso.
As técnicas da Consellería de Sanidade viñeron, en dúas ocasións, a realizar as probas de espirometría para comprobar se estaban a cumprir o seu compromiso e tamén informaron a cada alumno da situación na que estaban os seus pulmóns.

O alumnado deseñou un lema para loitar contra o tabaco e tamén elaboramos algúns videos e maniqui challenges baseados na idea de que o fume nos fai escuros e tristes e que o deporte é o gran enimigo do tabaco.

MANIQUI CHALLENGE AULAS SEN FUME

O alumnado de 1º de ESO planificou e gravou un maniquí challenge titulado "Ti quen queres ser?" no que contrapón a vida gris -a cor da que quedan os pulmóns cando fumamos- que nos ofrece a adicción ao tabaco e a vida chea de cor dos que se alonxan deste hábito e teñen un estilo de vida máis activo e saudable



Decide! Ti quen queres ser?

lunes, 12 de junio de 2017

RECREOS ACTIVOS



Os recreos activos foron de novo un éxito de asistencia. O sistema de préstamo de material e de establecemento de áreas de traballo dentro do pavillón permitiu que unha parte importante do alumnado do IES dedicara o seu tempo de lecer a experimentar, iniciarse ou practicar algunha destas modalidades deportivas: houbo quen xogou ao basket, que preferíu o hockey ou o floorball; outros que escolleron o badminton, o tenis de mesa  ou as actividades ximnásticas e incluso o patinaxe.
E fóra, como sempre, os máis solicitados foron o futbol sala ou o balonmán.
Este ano experimentouse un importante incremento do número de alumnas que solicitaron material, inda que temos que seguir insistindo para acada a igualdade, porque nos queda camiño por facer. 
Xa sabes, para practicar o deporte que máis te guste, anótate no libro de préstamo de material, pide o material na porta do almacén e... a practicar! Divertiraste cos teus amigos e de paso incrementarás o teu nivel de actividade física ata acadar o nivel que a OMS considera recomendable para nenos e adolescentes: 1 hora ao día!








domingo, 30 de abril de 2017

EQUILIBRIO ENERXÉTICO. ESENCIAL PARA A SAÚDE!

Neste interesante vídeo poderás atopar información sobre o gasto enerxético do organismo, a que se destina e como se produce e tamén sobre como obtemos enerxía.
O equilibrio entre a inxesta e o gasto de enerxía é un dos aspectos fundamentais que debe de cumprir unha dieta saudable, así que non te perdas nada. Se tes algunha dúbida despois de velo, podes consultar á profe de Educación Física as túas dúbidas.

viernes, 7 de abril de 2017

FLORIANI + DEPORTIVO

Durante a Semana da Saúde realizáronse obradoiros de distintas modalidades deportivas para que o alumnado coñecese deportes que non practicamos habitualmente como o Taekondo, as Loitas Olímpicas, o Remo, o Ciclismo, o Tiro con Arco, etc e xogos e deportes tradicionais como a Chave ou a Petanca. No blogue pódese atopar información sobre onde iniciarse en cada unha destas modalidades sen sair da nosa contorna. Se non adestras é porque non queres. Escolle o teu deporte, anímate a probar e se non te convence, segue buscando... Seguro que atoparás un que se che dea ben. Hai deportes para todos e todas!