viernes, 7 de abril de 2017

ALMORZOS SAUDABLES

Para traballar neste tema decidimos, despois de constatar mediante enquisas, que o noso alumnado non almorza nin coa frecuencia nin na cantidade na que recomendan as institucións que valoran a calidade da nosa dieta, traballamos este tema nos cursos de 1º de eSO e 1º de Bacharelato.
O alumnado de ESO, despois de tratar o tema nas clases de PEVS, organizou durante a Semana da Saúde, o seu almorzo saudable. Cada grupo responsabilizouse de traer as racións do almorzo nas proporcions adecuadas. Despois, coa ficha que lle pasaba o profesorado, valoraban se o seu almorzo tiña todos os grupos de alimentos, se evitaran os produtos con exceso de sal, azucre ou graxas saturadas en exceso e, finalmente, cuantificaban as calorías das súas racións de almorzo para  comprobar que chegaban, alomenos, ao 20% das que inxerirían durante o día.
A parte máis importante foi compartir os deliciosos e nutritivos almorzos cos seus compañeiros de clase e co profe Benxa nun ambiente distendido e alegre.
Eles xa experimentaron que cando se almorza ben, un está de mellor humor e ten máis vitalidade para afrontar o día. Non o esquezades!